---
title: 🧱 Entender unha aplicación sinxela
description: "## 🧪 Unha aplicación completa Substitúe o contido de `lib/main.dart` por este exemplo. Non o engadas ao final do código que xa había. > 🔗 DartPad: > > > > - [Ver o código en DartPad → `https://dartpad.dev/?id=d3061303bcbcee42022154489207f422`](https://dartpad.dev/?id=d3061303bcbcee42022154489207f422). [https://dartpad.dev/embed-inline.html?id=d3061303bcbcee42022154489207f422](https://dartpad.dev/embed-inline.html?id=d3061303bcbcee42022154489207f422) ![Primeira…"
url: "https://www.drodicio.com/docs/flutter/tema-1-introducion-a-flutter-primeiros-pasos/estrutura-app/"
updated: "2026-10-12"
category: Tema 1. Introdución a Flutter. Primeiros pasos
---

# 🧱 Entender unha aplicación sinxela

## 🧪 Unha aplicación completa

Substitúe o contido de `lib/main.dart` por este exemplo. Non o engadas ao final do código que xa había.

> 🔗 DartPad:
>
>
>
> - [Ver o código en DartPad → `https://dartpad.dev/?id=d3061303bcbcee42022154489207f422`](https://dartpad.dev/?id=d3061303bcbcee42022154489207f422).

[https://dartpad.dev/embed-inline.html?id=d3061303bcbcee42022154489207f422](https://dartpad.dev/embed-inline.html?id=d3061303bcbcee42022154489207f422)

![Primeira aplicacion en Flutter](https://www.drodicio.com/wp-content/uploads/2026/10/exemplo-scaled.png)
Primeira aplicacion en Flutter

## 🧭 Que fai cada parte?

| Elemento | Función no exemplo |
| --- | --- |
| `main()` | É o punto de entrada, igual que nos programas de Dart. |
| `runApp(...)` | Recibe o widget raíz e inicia a interface de Flutter. |
| `MiAplicacion` | É o noso widget raíz; configura a aplicación. |
| `MaterialApp` | Proporciona a configuración e os servizos básicos dunha aplicación Material. |
| `home` | Indica a pantalla inicial: `PantallaPrincipal`. |
| `Scaffold` | Organiza esa pantalla: barra superior e corpo. |
| `AppBar` | Mostra a barra superior. O seu título é distinto do `title` de `MaterialApp`. |
| `Center` e `Text` | Centran e mostran a mensaxe. |

A organización deste exemplo é: **`MiAplicacion` → `MaterialApp` → `PantallaPrincipal` → `Scaffold`**. Son obxectos que conteñen outros obxectos, como vimos ao estudar composición en Dart.

![Partes principais dunha aplicacion en Flutter](https://www.drodicio.com/wp-content/uploads/2026/10/partes_app-scaled.png)
Partes principais dunha aplicacion en Flutter

## 🏗️ O método `build()`

Nos nosos `StatelessWidget`, `build()` **devolve os widgets que describen a interface**. Flutter chama a este método cando necesita construír ou reconstruír esa parte da pantalla; non o chamamos nós directamente.

> 📌 Un **StatelessWidget** non cambia por si mesmo os datos cos que foi creado.
>
>
>
> - O propio widget non modifica eses datos durante o seu uso.
> - Máis adiante, no **Tema 3.3**, veremos `StatefulWidget`, que empregaremos cando necesitemos que **os datos ou o contido dun widget poidan cambiar durante o seu uso**, por exemplo, ao premer un botón ou modificar un valor.

![Métodos build()](https://www.drodicio.com/wp-content/uploads/2026/10/build-scaled.png)
Métodos build()

## 📍 O contexto (`context`)

O método `build` recibe un parámetro chamado `context`, de tipo `BuildContext`. Flutter proporciónao cando chama ao método:

```dart
@override
Widget build(BuildContext context) {
  // Devolvemos o contido deste widget.
  return const Text('Benvidos a 2º DAM');
}
```

O **`context` identifica a posición do widget na árbore de widgets**. A partir desa posición, podemos acceder a información e funcionalidades proporcionadas polos widgets que hai por enriba, chamados **antecesores**. Por exemplo, máis adiante usarémolo para consultar as cores do tema ou mostrar avisos.

> 💡 Polo momento, abonda con recoñecer este parámetro e saber para que serve. Irémolo utilizando nos seguintes temas con exemplos concretos.

![`context()`](https://www.drodicio.com/wp-content/uploads/2026/10/context-scaled.png)
`context()`

## 🔎 O Dart que xa coñeces

- `extends StatelessWidget`: creamos unha clase que herda de `StatelessWidget`, unha clase proporcionada por Flutter.
- `@override`: escribimos a nosa propia versión do método `build()`.
- `const MiAplicacion({super.key})`: construtor constante cun parámetro nomeado que se pasa á superclase. `key` axuda a Flutter a identificar os widgets durante as actualizacións; polo de agora non necesitamos asignarlle ningún valor.
- `const`: permite crear obxectos constantes cando os seus datos tamén o son. **Non significa que toda a pantalla quede conxelada**.
- `child`: recibe un único widget fillo. Outros widgets poden recibir varios mediante `children`.

## ✏️ Fai o primeiro cambio

Cambia o título por `IES San Mamede` e a mensaxe por `Ola, 2º DAM! Son Diego Rodicio.`. Garda e aplica **hot reload** para ver o resultado. No seguinte apartado practicaremos algunha variación máis.

> 📚 Consulta:
>
>
>
> - [Introdución aos widgets → `https://docs.flutter.dev/ui/widgets-intro`](https://docs.flutter.dev/ui/widgets-intro) ·
> - [StatelessWidget → `https://api.flutter.dev/flutter/widgets/StatelessWidget-class.html`](https://api.flutter.dev/flutter/widgets/StatelessWidget-class.html).
