---
title: Limitacións das tecnoloxías móbiles
description: "Antes de comezar a desenvolver software para algún destes dispositivos, é necesario ser conscientes das limitacións coas que nos podemos atopar nestes aparellos. Cales son as restricións ás que nos imos a ter que enfrontar? ## Limitacións Algunhas destas restricións…"
url: "https://www.drodicio.com/docs/analise-de-tecnoloxias-para-apps-en-dispositivos-mobiles/tema-1-1-analise-de-tecnoloxias-para-apps-en-dispositivos-mobiles/limitacions-das-tecnoloxias-mobiles/"
updated: "2023-12-02"
category: Tema 1. Análise de tecnoloxías para apps en dispositivos móbiles
---

# Limitacións das tecnoloxías móbiles

Antes de comezar a desenvolver software para algún destes dispositivos, é necesario ser conscientes das limitacións coas que nos podemos atopar nestes aparellos. Cales son as restricións ás que nos imos a ter que enfrontar?

## Limitacións

Algunhas destas restricións son:

-   Subministración de enerxía limitado (normalmente dependente de baterías).
-   Procesadores con capacidade de cómputo reducida.
-   Adoitan ter unha baixa frecuencia de reloxo pola necesidade de aforrar enerxía.
-   Pouca memoria principal (RAM).
-   Almacenamento de datos persistente reducido nalgúns dispositivos (pequena memoria flash interna, tarxetas SD, etc.).
-   Conexión a algún tipo de rede intermitente e con ancho de banda limitado.
-   Pantallas de reducidas dimensións.
-   Teclados con funcionalidade moi básica e pequenos.

Este tipo de restricións, e algunhas outras que dependerán de cada dispositivo en concreto, haberán de ser tidas moi en conta á hora da análise e deseño dunha aplicación "móbil", pois non podemos pretender, que esa aplicación poida conter a mesma funcionalidade, que a que podemos atopar habitualmente nun programa que é executado nun ordenador de sobremesa ou un portátil.

![](https://www.drodicio.com/wp-content/uploads/2023/08/450_1000.png)

## Vantaxes

Doutra banda, non todo vai ser restricións. Tamén haberá que ter en consideración que esta tecnoloxía vai achegar unha serie de vantaxes moi importantes:

-   Mobilidade
-   Pouco peso
-   Pequeno tamaño
-   Facilidade para o transporte
-   Conectividade a diversos tipos de redes de comunicacións (mensaxería SMS e MMS; voz; Internet; Bluetooth; infravermellos; radiofrecuencia, etc.).

![](https://www.drodicio.com/wp-content/uploads/2023/08/2021080802555033340-1024x576.jpg)
